Composición
A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” réxese por unha Asemblea Xeral, unha Xunta Directiva e Mesas Sectoriais.
Asamblea Xeral
A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación e estará integrada por todos os socios que forman parte dela.
A mesa da Asemblea está constituída por un Presidente, un Vicepresidente e un Secretario, aparte das persoas xurídicas que están representadas por cada seu representante legal.
A Asemblea Xeral reúnese con carácter ordinario unha vez ó ano ou con carácter extraordinario a petición da Xunta Directiva, por propia iniciativa, ou cando o solicite un número de asociados non inferior ó 10%.
Xunta directiva
A Xunta Directiva da asociación estará formada polos representantes dos asociados elixidos pola Asemblea Xeral, en función da pertenza destes a cada mesa sectorial, de acordo coa representatividade que a Asemblea Xeral lle outorgue a cada unha delas.
Terá como mínimo un representante por mesa sectorial.
Na Xunta Directiva deberán estar representadas, cando menos, as asociacións de mulleres, as asociacións de mozos, os colectivos con discapacidade, as organizacións profesionais agrarias e as cooperativas agrarias que formen parte da asociación.
O número de representantes do sector privado sempre debe ser superior ó número de representantes do sector público.
COMPOSICIÓN DA XUNTA DIRECTIVA:
Presidencia: D. José Antonio Santiso Miramontes, Alcalde de Abegondo (Mesa do sector das Administracións Públicas) Público
Vicepresidencia: D. Cesar Longo Queijo, Alcalde de Paderne (Mesa do sector das Administracións Públicas) Público
Secretaría: Dna. Concepción Lema Torre. Asociación de Artesáns As Mariñas (Mesa do sector da artesanía) Privado
Tesouraría: Dna. Aida Pérez Barredo. Asociación de Empresarios de Culleredo (Mesa do Sector de Asociacións de empresarios multisectoriais) Privado.
VOCAIS PÚBLICOS:
Mesa do sector Institucional: D. Edmundo Varela Lema, en representación de Coeticor D. Xosé Uxio Rey Fernández, en representación do Colexio Oficial de Veterinarios de A Coruña
Mesa do sector das Administracións Públicas: Dna. María Dolores Faraldo Botana, Alcaldesa do Concello de Betanzos Dna. Gumersinda Becerra Montes, Concelleira de Turismo do Concello de Cambre D. Francisco Quintela Requeijo, Alcalde do Concello de Coirós D. Isidro Taibo Gago, Concelleiro de Promoción Económica do Concello de Culleredo D. Antonio Deibe Sanmartín, Alcalde do Concello de Irixoa D. Daniel Romero Cajigal, Concelleiro de Obras Públicas do Concello de Oleiros
Mesa do sector da pesca, marisqueo, acuicultura: D. Andrés García Boutureira, en representación da Confraría de Pescadores de Sada
VOCAIS PRIVADOS:
Mesa do sector agrario, gandeiro e cooperativo: D. Antón Sánchez García, en representación do Sindicato Labrego Galego D. José Calo Faraldo, en representación da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña S.C.G. D. José Manuel Amigo Santos, en representación da Asociación Sectorial de Viticultores e Adegueiros de Betanzos e comarca.
Mesa do sector forestal e da madeira: D. Benito García Sánchez, en representación da Asociación Provincial de la Industria de 1ª transformación de la madera de A Coruña
Mesa do sector de Asociacións e colectivos de mulleres: Dna. Cruz Fernández González, en representación da Asociación Elas Pro Igualdade Dereitos da Muller
Mesa do sector Asociacións xuvenís e colectivos xuvenís: D. Javier Ascasibar Errasti, en representación da Asociación Xuventude e Natureza.
Mesa do sector Asociacións Deportivas, Recreativas, de Veciños, Culturais, Anpas: D. José Juan Rico Rodríguez, en representación de Val de Aranga Asociación Cultural e Deportiva D. Ricardo Gabín Faraldo, en representación da Asociación O Rabo do Galo. D. Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro, en representación da Asociación Cultural “Cultura Aberta”
Mesa do sector Asociacións e colectivos medioambientais ou actividades na natureza: D. José Francisco Castro Vilariño, en representación da Asociación Cultural Libre de Paderne – Roxín Roxal
Mesa do sector do turismo e da hostalería: D. Gerardo Romero Copo, en representación da Asociación de Hostalería de Culleredo.
Mesa do sector dos colectivos de interese social, discapacidade e ONG´s: Dna. Isabel Díaz García, en representación da Asociación de Parapléjicos y grandes minusválidos de Galicia (ASPAYM). D. José Francisco Hurtado Durán, en representación da entidade ONG Ecos do Sur.
As Mesas sectoriais
As asociacións integradas na Asemblea Xeral organízanse en Mesas Sectoriais nas cales se poñen en común a problemática do sector que representen, coa fin de establecer posibles actuacións de mellora, canalizando á Xunta Directiva aquelas suxestións, demandas, proxectos e iniciativas que o sector poida expoñer.
As mesas sectoriais constitúen a base de participación e difusión da información para as entidades que operan no territorio. Teñen como finalidade dinamizar sectorialmente ós actores locais implicados no desenvolvemento do territorio, así como servir de canle informativo da Asociación.
Actualmente as Mesas Sectoriais organízanse da seguinte forma: Mesa do sector agrario, gandeiro e cooperativo. Mesa do sector forestal e da madeira Mesa de asociacións de mulleres Mesa de asociacións xuvenís e colectivos xuvenís Mesa de asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, ANPAS Mesa de artesanía Mesa de asociacións e colectivos medioambientais ou actividades na natureza Mesa do sector de turismo e hostalería Mesa de asociacións de empresarios multisectoriais Mesa de colectivos de interese social, discapacidade e ONG´s Mesa do sector institucional Mesa das administracións locais Mesa da pesca, marisqueo, acuicultura
Equipo técnico
XERENCIA: JORGE M. BLANCO BALLÓN
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
TECNICA DE PROXECTOS: CONCEPCIÓN BONOME GONZÁLEZ
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
AUXILIAR ADMINISTRATIVA: ISABEL EIRIZ NAVEIRA
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|